O edil nacionalista explicou que “este mércores, ás oito da tarde, iníciase en Ribadeo o programa Cultura no Camiño, que traerá ata a nosa vila unha serie de actividades infantís ao aire libre ao longo de todo o verán”.

Farruco Graña dixo que “comezamos pois este mércores, 6 de xullo, ás 20:30 horas, coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, de Troula Animación. Este musical infantil desenvolverase no Parque de San Francisco con entrada libre. Se o tempo non acompañara e este orballo seguira persistindo, agardemos que por moi poucos días, sería no Cine Teatro”.

O concelleiro de Cultura contou que “esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, dende A Carolina rapeada ata O Jato rockeiro,…pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos e nenas presentes sexan partícipes deste des-concerto, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa”.

Graña anima “a toda a familia a acudir a esta importante cita para toda a familia. Todos estes mércores, ás 20:30 horas, para escoitar a Uxía Lambona e a Banda Molona no Parque de San Francisco. Lembramos que se hai orballo trasládase ao Cine Teatro”.