O rexedor subliñou que “non administrarlle a vacina a esta persoa supón un risco moi importante para ela e un perigo para os demais usuarios e usuarias da residencia ribadense, que ata o de agora estivo libre de covid19 e agardamos que así continúe”.

O alcalde de Ribadeo agarda que o Sergas realice un novo cribado neste centro, que confirme que se trata dun falso positivo o caso detectado este mércores. Ata que esa nova proba sexa realizada tanto esta usuaria como a súa compañeira de habitación permanecen illadas, “segundo acabamos de saber  por parte dos responsables da Deputación. Quedamos á espera de poder confirmar a boa nova de que ese posible positivo se quede nun susto sen mais”, engadiu. 

A Deputación de Lugo comunicou esta tarde que tras o cribado periódico realizado polo Sergas no CAM de Ribadeo arroxouse un caso positivo entre as persoas usuarias. A institución provincial decidiu encargar, hoxe mesmo, probas de diagnose a esta persoa, á súa acompañante de habitación, así como aos residentes e traballadores que tiveron contacto con ela. Todos os resultados deron negativo.