Suárez Barcia dixo que “non se trata de que si hai unha incidencia ou si unha árbore estropea o tendido eléctrico, que se lle vai facer, pero é que son moitas as veces en que se produce este tipo de problemática e eu como representante dos veciños do meu concello teño que queixarme enérxicamente e protestar, temos o dereito e o deber de facelo”.

O alcalde ribadense sinalou que “debo culpabilizar non só á empresa subministradora de enerxía elétrica senón tamén á Xunta de Galicia no que ten que ver co ámbito de Ribadeo e co ámbito da Mariña Oriental é en parte responsable desta situación. Digo isto porque desde o ano 2008 hai asinado un protocolo para construir unha subestación eléctrica, que aínda agora nestes dous ou tres últimos meses se están a dar pasos definitivos para a súa construcción, a través da exposición pública, dos trazados da liña de alta tensión, etc”.

Fernando Suárez considera que “si esta subestación non tivera esta demora de máis de dous anos que está a rexistrar por, precisamente, unha serie de tramitacións autonómicas que á Xunta de Galicia non lle deu a gana de impulsar como se merecía, a día de hoxe a subestación de Ribadeo e por extensión a parte de beneficiar ao polígono industrial de Ribadeo, á nosa vila e tamén á Mariña Oriental, esta parte desta comarca estaría moito máis blindada para eventuais cortes ou avarías das liñas de alta tensión. Si esa infraestructura estivese feita contaría con circuitos independentes que poderían reducir enormemente estas situacións que son máis propias dun país terceiromundista que dun país que quere estar xogando na primeira división e non na rexional preferente, como parece que está a ocurrir nos últimos tempos”.