O edil de Cultura comentou que “mañá, sábado, temos un concerto moi especial, está por primeira vez no Teatro de Ribadeo o Coro da Mariña. Xa tivemos oportunidade de escoitar este grupo coral noutras ocasións, pero este sábado toca escoitalo no Teatro de Ribadeo”.

Farruco Graña subliñou que “dicimos que é unha actuación especial pola calidade artística de quen o dirixe, Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, e por querer ser desde un principio unha xuntanza arredor do canto de persoas de toda A Mariña e tamén da comarca eo naviega”.

O concelleiro engadiu que “teremos como motivo de fondo o mar, pero ademais tocando todos os estilos musicais que poidamos coñecer. O Coro da Mariña actúa para deleitarnos e gozar da boa música, e farao o sábado, ás oito e media da tarde, no Teatro de Ribadeo. Alí nos veremos todos e todas”.