“En relación con esta nova volta atrás para regresar a épocas infaustas do pasado, porque determinados medicamentos para enfermidades graves agora, segundo unha resolución do Estado, os afectados vanos ter que pagar con independencia das súas rendas, dende o Concello de Ribadeo queremos dicirlle ao presidente da Xunta que sexa valente e que faga como outros territorios do Estado, que se negan a aceptar isto. Pero, se o goberno da Xunta persevera en cumprir esa decisión do Estado, dende o noso Concello, para os veciños e veciñas que desgraciadamente poidan estar afectados por enfermidades gravísimas, estudaremos establecer para o ano 2014, a través dunha ordenanza, medidas en función da renda para paliar esta infamia. Porque iso é que xente que se atopa cunha enfermidade, como un cancro ou outra que pode supoñer a vida ou a morte curala ben ou non, non poidan, por cuestión económica, tomar os medicamentos que lle fagan falta”, manifestou o rexedor municipal.

Fernando Suárez rematou explicando que “sempre estamos no debate das competencias propias ou impropias dos Concellos e, certamente, isto pode ser impropio, pero eu creo que temos que actuar diante da incompetencia de quen ten que garantir que todos os cidadáns poidan acceder aos medicamentos que necesiten para curarse”.