O rexedor declarou que “estamos neste acto de sinatura dos convenios das escolas deportivas de verán, nas que este ano participan uns 80 nenos e nenas, fundamentalmente de Ribadeo, nas especialidades de pesca deportiva, de piragüismo, de surf e de vela. É unha iniciativa coa que estamos moi agradados”.

Suárez Barcia subliñou que “desde o Concello de Ribadeo no mundo deportivo temos unha especial acción no inverno con todas as escolas deportivas, pero estamos potenciándoas tamén no verán, con estas especialidades que principalmente se fan durante xullo e agosto. A vela está tendo un rexurdir importante; pesca deportiva, que é a primeira vez que a temos, tamén conta cun número importante de nenos; e logo piragüismo e surf, que xa son máis estables ao longo do tempo e tamén teñen un boa resposta”.

O alcalde engadiu que “prestamos esta función social desde o Concello, coa axuda destas asociacións deportivas, e nosoutros queremos gratificarlles cunha achega económica”.