Na xornada, organizada polo Concello, participaron centros educativos (Gregorio Sanz, Sagrado Corazón, IES Dionisio Gamallo Fierros e CIFP Porta da Auga), Acisa e o tecido social, os participantes no programa do Concello Aquí como de 20, Sandra Saavedra, a EMMeD, o centro de saúde e cidadanía de Ribadeo. Houbo lectura de manifesto, o comité lila do IES Dionisio Gamallo Fierros reproduciu a pirámide da violencia e tamén houbo tempo para a música, para escoitar e interpretar o reggaeton Mayores, de Becky Ga, ao que o comité lila lle modificou a letra orixinal por outra de carácter feminista. https://youtu.be/ymcAVTywDHI

Na campaña #RibadeoenNegro, que se prolonga ata o vindeiro domingo, 26 de novembro, están a participar máis dun cento de establecementos comerciais que tinguiron de loito os seus escaparates amosando así a súa repulsa contra a violencia machista.