Mariluz Álvarez Lastra manifestou que “proseguimos coas actividades previstas para a oitava campaña de sensibilización en igualdade cos centros educativos Un futuro por compartir en igualdade. Desta volta tócalle o turno ao alumnado de infantil  que poderán escoitar e gozar dunha sesión de contos narrados baseados na  igualdade de xénero. Á vez tamén se pretende promover á animación á lectura e o contacto cos contos xa desde estas idades  temperás”. Os contos narrados serán os cantos xa clásicos máis aínda vixentes. Son os contos de Adela Turín e Nella Bosnia Rosa Caramelo e Artur e Clementina, que  ven de traducilos ao galego a editorial Kalandraka.

Adela Turín (Italia, 1939) é historiadora da arte e escritora, nos anos 60 adicouse a analizar os sesgos sexistas na literatura infantil. En Milán formou parte do grupo Rivolta vencellado ao movemento feminista. Co obxectivo de combater a discriminación de xénero dende o eido da familia patriarcal  decidiu crear a colección Dalla parte delle bambine, que entre 1975 e 1980, publicou máis dunha veintena de libros. Daquela, Adela Turín e Nella Bosnia traballaban en La Rinascente. Anos despois trasladouse a París, onde fundou -xunto con Silvie Cromer-  a asociación Du côté des filles, que dende 1994 investiga e denuncia os casos de sexismo nos materiais educativos, e afonda na sensibilización do sector editorial, das institucións e do público en xeral. Ademais de ler e viaxar, na actualidade escribe artigos e imparte conferencias. Nella Bosnia (Italia, 1946) estudou Arte en Milán e traballou como decoradora e estilista na creación de produtos téxtiles para a firma La Rinascente, onde coincidiu con Adela Turín, coa que fundou a colección Dalla parte delle bambine. Como ilustradora colaborou con editoriais de Italia e Francia.

Mañá venres, 1 de marzo, pola mañá impartiranse as sesión de contacontos no colexio público Gregorio Sanz e pola tarde no Sagrado Corazón de Xesús. Para 2º de Infantil (4-5 anos), traballárase o conto de Rosa caramelo e para os de 3º de Infantil (5-6 anos ), traballárase o conto de Artur e Clementina. Aproveitando a visita Bea Campos impartirá unha sesión para o alumnado de  1º de infantil  do Ciclo  Educación Infantil do Centro de Formación Profesional  Porta da Auga, onde analizarán os contos como ferramenta para traballar o vocabulario en galego, a psicomotricidade, o traballo en equipo, a tradición oral… Bea Campos é narradora, actriz e a contadora da editorial Kalandraka.