O rexedor explicou que “esta pasada madrugada houbo un pequeno incendio nuns contedores da rúa Virxe do Camiño, onde de maneira moi eficaz os voluntarios de Protección Civil acudiron co camión de bombeiros e apagaron o lume”.

Suárez Barcia contou que “foron 4 os contedores que arderon. ¿Qué dicir? Desde logo os contedores non arden sos, se ninguén lles prende lume. Son destes actos vandálicos, que non sei o que perseguen nin que pretenden máis que amolar á colectividade, porque ese diñeiro sexa máis ou menos é diñeiro público e de todos”. E engadiu que “agora hai que mercar outros contedores para repoñer os afectados e reparar os cubrecontedores que están todos afectados. Fraco favor o que lle fan á colectividade aquelas persoas que non tendo nada que facer fan esas bobadas”.