O edil nacionalista explicou que “estes días colocamos en Ribadeo uns contedores para a recollida de roupa, foron colocados pola Fundación Humana Pueblo a Pueblo. Trátase dunha fundación asistencial do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais”.

Cupeiro dixo que “despois de falar cos representantes de Cáritas aquí en Ribadeo, e vendo tamén a demanda existente xa que había moitas persoas que se dirixían ao Concello para ver si había posibilidade de entregar a roupa nalgún sitio máis,  procedemos a colocar estes contedores na avenida de Luarca, Rosalía de Castro, Praza de España, Vilaframil e nas inmediacións do hipermercado Eroski”.

O concelleiro de Medio Ambiente insistiu en que “as persoas que queiran seguir entregando a roupa en Cáritas poden facelo e aquelas que o desexen poden tamén deixala nestes contedores. A roupa que se recolla aquí, si houbese familias que a precisasen en Ribadeo ou noutros concellos da zona poden solicitalo a través da Fundación, senón será enviada a países de África e Latinoamérica, onde as necesidades nesta materia son moi importantes”.