Díaz Freije declarou que “eses contedores do porto de Ribadeo están mal porque esas cores non corresponden cos residuos que hai que botar neles, pero están en zona portuaria, de Portos de Galicia, e polo tanto non corresponden ao Concello”.

E engadiu: “pero vamos enviar información a Portos para que cando poidan ou teñan a ben muden eses contedores e normalicen o servizo para que estea todo como debe. Insisto e recalco que eses recipientes son xestión do ente autonómico Portos de Galicia e non do Concello de Ribadeo”.