O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “si ben non imos a mais nos casos activos en Ribadeo non podemos baixar a garda porque temos a 27 persoas en corentena. Trátase de casos que estiveron en contacto estreito cos activos”. E engadiu: “non nos cansaremos desde o Concello de insistir, tanto á veciñanza como aos visitantes que poidan achegarse ata aquí proximamente, en que empreguen sempre máscara, en que manteñan o distanciamento social e que tamén realicen unha importante hixiene das mans”.

As autoridades sanitarias e os Concellos seguen insistindo que aquelas persoas que proveñan doutras comunidades autónomas ou doutros países e que non teñan posibilidade de dirixirse ao médico de cabeceira si sofren algún tipo de sintomatoloxía poden dirixirse ao 881 00 20 21, teléfono no que serán atendidos e avaliados.