Teresa González explicou que “a tradicional escola de verán que o Servizos Sociais do Concello, dentro do seu programa de educación familiar, desenvolveron ao longo dos últimos anos continúa a súa andaina, pero agora remozada, incorporando novos proxectos”. O novo programa denomínanse Construindo o verán, “vai tratar con alumnado da zona dos colexios de Ribadeo que presentan dificultades no seu curriculum escolar. O que pretendemos é conciliar a vida laboral e familiar e implicar ás familias nas tarefas educativas. Queremos que os nenos e nenas sexan conscientes que traballando a pouquiños durante estes meses se poden conseguir resultados”.

Unha treintena de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos disfrutarán deste programa, “son de diferentes nacionalidades, ademáis de rapaces de aquí temos nenos do Brasil, Perú, Venezuela, Portugal, Colombia, Chile, etc. Trátase de que reciban un apoio escolar adaptado a cada unha das idades”. A educadora familiar do Concello e dúas mestras voluntarias serán as encargadas de impartir as clases que se desenvolverán de luns a xoves de 11 a 13 horas nas instalacións da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo. Os venres, co mesmo horario, os nenos e as nenas asistirán a diversos obradoiros impartidos polo persoal técnico municipal de turismo, medio ambiente, igualdade, trastornos aditivos e saúde, e desenvolvemento local. A concelleira de Saúde e Servizos Sociais subliñou que “ditos obradoiros se adaptarán a cada una das idades. Abordaránse cuestións coma técnicas de grupo para traballar a autoestima, técnicas de estudo, estereotipos sexistas na publicidade e nas redes sociais, rutas polo casco vello e polo sendeiro azul. O que se fará é optimizar os recursos que temos no Concello e como novidade este ano contamos con dúas mestras voluntarias que traballarán con nós”. Si algún voluntario máis desexa participar neste programa Construindo o verán o único que ten que facer é dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo.

González Piñeiroa engadiu que “tamén haberá xogos populares e educativos co fin de motivar aos nenos e nenas e que vaian de bó grado”. As clases darán comezo o vindeiro luns, 9 de xullo, e rematarán o 24 de agosto.