O encontro serviu para analizar a situación das políticas de igualdade que se están levando a cabo no municipio e de maneira especial, abordar programas de actividades para os próximos meses. 

Entre as propostas expostas inclúense talleres de autodefensa para fomentar o empoderamento das mulleres, encontros e charlas nas que se abordarán as diferentes frontes contra as violencias machistas. O Consello  Municipal das Mulleres pretende organizar tamén actividades lúdico-recreativas e clases de biodanza. 

A edil ribadense Mónica Freire sinalou que “se lles pediu, a cada unha das entidades convocadas, que participasen nas propostas de actuacións previstas polo Consello Municipal de Mulleres para sumar esforzos e avanzar nos obxectivos marcados”.

A concelleira de Igualdade agradeceu a participación de todas as mulleres que acudiron na xornada de onte a esta xuntanza do CMM.