A edil ribadense explicou que “o conto xorde como resultado do traballo colaborativo realizado dende a comisión de igualdade do CIFP Porta da Auga, formada por alumnado e profesorado do centro. O Concello colaborou na edición do libro que será repartido ao alumnado de 5º e 6º de Infantil  e 1º e 2º de Primaria”.

Mónica Freire dixo que “do mesmo xeito que no planeta Ahió, en calquera sociedade,  debe ser prioritario educar en igualdade rompendo cos estereotipos de xénero para  así poder axudar ás nenas e nenos a crecer  desenvolvendo as súas capacidades reais como persoas”.