Hoxe, 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas.

O lema deste ano, “Por un futuro sostible”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Na Biblioteca Municipal ” El Viejo Pancho” organizamos un encontro entre as persoas usuarias do Centro de Día e o alumnado de Educación Infantil, que resultou moi enriquecedor:

Limos o conto “Historia dunha lata”, e traballamos a reciclaxe dándolle unha segunda vida a unha lata de refresco. Descubrimos que, ao igual que podemos sementar unha planta e que medre, os contos tamén fan crecer a imaxinación.