O Cine Teatro de Ribadeo acollerá o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 20:30 horas un concerto benéfico co que se recaudarán fondos para enviar ao pobo haitiano. Está organizado por Amadores da Música, Musiqueando e a Escola Municipal de Música e Danza.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “nesta fin de semana foron xurdindo unha serie de ideas entre as directivas de Amadores da Música e Musiqueando e o Concello para colaborar e participar na solidaridade con Haití, que por moita que teñamos vai ser moi escasa paréceme a min de cara a esta traxedia que asolou a este país caribeño. E onde a día de hoxe a axuda internacional ainda ten enormes dificultades para chegar, pero é necesario que dentro de poucas horas ou de poucos días sexa efectiva para paliar moitas mortes máis que se poden aveciñar pola falla de atención ou de recursos”.





O rexedor suliñou que “desde Ribadeo queremos aportar o noso grao de area e, a parte doutras iniciativas que se poidan facer, desde o Concello, Amadores da Música e Musiqueando queremos levar adiante un concerto benéfico con alumnos da Escola Municipal de Música e Danza e coa colaboración desinteresada dos seus profesores. O concerto será o venres 22 de xaneiro ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo. O custe da entrada será de 5 euros e toda esta recaudación será entregada á Cruz Vermella para que faga bó uso dela con estes supervivintes de Haití. É un pequeño grao de area neste oceáno e neste mar de desgracias que se está a vivir alí, pero non queríamos ser alleos en Ribadeo a esa circunstancia tráxica”.

Griselda Ríos, vocal de Amadores da Música, contou que “tenemos interés en participar en esta iniciativa porque nos parece muy grave lo que allí pasó. Queremos hacer un llamamiento para que colabore la gente, porque por poco que se colabore nuestra ayuda será muy importante para ayudar a solventar esta situación tan grave”. E Hugo García de Musiqueando dixo que “queremos facer fincapé nun dos piares que moven á organización deste acto e que é fomentar o espíritu de solidaridade entre os mozos e as mozas que forman parte tanto da Escola como da Banda Municipal. Non é a primeira ocasión na que alumnos e alumnas da Escola e da Banda se suman a actos solidarios e tanto desde o centro educativo como desde a Banda amosan a súa disposición a seguir traballando nesta liña non só en momentos puntuais coma éste senón tamén ao longo do ano demostrando que ambos seguen traballando”.

A organización pon en marcha tamén unha fila 0 co obxectivo de que aquelas persoas que así o desexen ingresen alí o seu donativo malia que non poidan asistir ao concerto. A conta estará aberta ao longo desta semana e ata o 25 de xaneiro no Banco Pastor co número 0072 0207 11 0000104948.