Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán ritmos que van dende Beethoven ou Bach até Lennon, Crain ou a música popular galega. Agrupacións de vento-metal, de piano, danza, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 15 de decembro, sábado, a partir das seis da tarde, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo e no que participarán as case 300 alumnas e alumnos que ten o centro.