Concentración astur galaica de Mercedes W123 este domingo en Ribadeo.

Concentración astur galaica de Mercedes W123 este domingo en Ribadeo.

Ribadeo acolle hoxe a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123. Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz.

Teñen programadas dúas visitas guiadas: unha ao Forte de San Damián e outra á granja Pedro Murias.

O xantar terá lugar no Parador de Turismo e os coches estarán aparcados no Parque de San Francisco para que as persoas que o desexen poidan velos esta tarde.

O rexedor subliñou que “estamos diante doutra fin de semana chea de actividades en Ribadeo. Deporte, coches antigos e música para animar o sábado e o domingo na nosa vila”.