Mónica Freire Rancaño, concelleira de Igualdade, manifesta que “o Concello de Ribadeo mostra a súa máis firme condena e repulsa ante o asasinato machista  de Beatriz Lijó en Baiona. Queremos transmitir así mesmo a nosa solidariedade coa súa familia e contorna. A violencia que se  exerce contra as mulleres  supón unha grave e intolerable violación dos dereitos humanos”. 

A edil ribadense engade que “esta traxedia enfróntanos á responsabilidade que temos desde as institucións, as administracións públicas e o conxunto da sociedade en facer efectiva a igualdade utilizando  todas as ferramentas que sexan necesarias para erradicar a violencia machista”.

Freire sinala que “mañá ás 20:00 horas na Praza 8 de Marzo de Ribadeo,  dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, sumámonos á concentración organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en resposta ao asasinato machista de Beatríz Lijó”.