O salón de plenos do Concello de Ribadeo foi escenario esta mañá da presentación da IV Concentración de Kaiak de mar “Praia das Catedrais” que se desenvolverá o vindeiro domingo 2 de agosto entre as rías de Foz e Ribadeo. Na organización do evento deportivo participan os Concellos de Barreiros e Ribadeo e a Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo. Á cita acudirán palistas de Teruel, Cantabria, Asturias, Galicia, Francia e Alemaña.