Teresa González explicou que “a asociación Dignidade Lugo  ten entre as súas finalidades a axuda a individuos ou grupos de persoas que sofren de problemas  de pobreza, marxinación, enfermidade ou discapacidade, poñendo énfase especial no traballo con nenos e mozos en dificultade social e familias que sofren algunha forma de exclusión social. Traballa tamén no terreo da prevención e contribúe á rehabilitación e reinserción social de persoas estimulando a eliminación das causas que levaron á situación de pobreza, marxinación e / ou exclusión social”.

A Concellaría de Saúde e Servizos Sociais pretende colaborar con iniciativas que fomenten a integración das/dos menores e adolescentes en risco e conflicto social. Tras a sinatura deste convenio, o Concello de Ribadeo facilitará a incorporación dos/das menores e adolescentes en risco e conflito social adscritos á entidade Dignidade Lugo nos diferentes recursos sociais (centro sociais, ludotecas, biblioteca, centros residenciais para a terceira idade) para realizar distintas actividades conxuntas.

A edil nacionalista subliñou que “este convenio  facilitará que mozos e mozas que teñan que realizar algún tipo de servizo á comunidade, por orde xudicial, desempeñen esas tarefas en programas propios dos servizos sociais do Concello de Ribadeo”.