Coa campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo queren fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.

Concello de Ribadeo e Acisa animan a iluminar escaparates e balcóns este Nadal.

Coa campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo queren fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.

A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, sinalou que “estamos na conta atrás para a chegada do Nadal. As rúas de Ribadeo xa contan co alumeado destas datas, que acenderemos a última fin de semana de novembro. E o que queremos é que a cidadanía e os negocios locais tamén se unan a esta campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo para encher de luz e de ledicia cada recuncho de Ribadeo”.

A edil ribadense subliñou que “o que pretendemos é que Ribadeo sexa unha vez máis un punto de atracción turística durante o Nadal para que a xente veña ver a nosa iluminación, que veña gozar de todas as actividades que temos preparadas para estas datas, que veña mercar… en definitiva que veñan disfrutar da nosa vila”.

A presidenta da Acisa, Carmen Cruzado, manifestou que “con esta iniciativa queremos recuperar unha tradición moi arraigada na historia de Ribadeo, na que as rúas e os comercios destacaban polas súas elegantes e creativas decoracións navideñas. Desde Acisa animamos ao tecido empresarial de Ribadeo, a comercios e locais hostaleiros, a iluminar o Nadal para realzar ese espírito que sempre caracterizou á nosa vila”.

Cruzado Iglesias engadiu: “estes días xa empezamos a ver escaparates vestidos de Nadal, pero queremos que sexan moitos máis os que se unan ao espírito destas festas. Esta campaña non ter carácter competitivo, é unha acción voluntaria, á que agardamos que se sume a veciñanza en xeral e os establecementos comerciais e hostaleiros en particular, por que No Nadal, todos iluminamos Ribadeo”.