O alcalde, Fernando Suárez Barcia, e a deputada provincial, Mónica Freire, asinaron o correspondente convenio a través do cal o persoal municipal disporá dun novo vehículo para desprazarse e realizar os traballos relativos ao control do alumeado, do abastecemento de auga ou da recollida de lixo e residuos, entre outras funcións.

“O concello precisaba incorporar máis medios para atender as necesidades de desprazamento dos empregados públicos ás zonas rurais. Este novo vehículo permitiranos cumprir de forma máis áxil e eficiente coa obriga de manter os bens e servizos públicos nun esta idóneo”, explicou o rexedor.

A Área de Medio Rural da Deputación de Lugo achegou 8.500 euros para a adquisición do todoterreo.