O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo vén de investir 5.700 euros, con fondos propios, na compra dun remolque necesario para os tractores municipais. Con este apeiro dende a Delegación de Medio Rural do Concello podemos dar máis servizos e conseguir máis autonomía e eficiencia nos traballos”.

Villamil dixo que “agora mesmo estamos facendo labores de acondicionamento nas gabias e pistas, atendendo ás necesidades da veciñanza en cada parroquia”.