Segundo explicou o alcalde, Fernando Suárez, “no noso ánimo está seguir traballando” e destacou “a colaboración e a participación de todos os grupos da Corporación Municipal”. O rexedor dixo que “nas vindeiras semanas convocaremos máis reunións da comisión informativa de urbanismo, independentemente da época electoral na que nos atopamos”. O equipo de goberno confía en que a Corporación sexa capaz de aprobar o documento canto antes.