Jorge Díaz subliñou que “Imos Andar tivo moi boa acollida. Houbo unhas corenta persoas que viñeron desfrutar dunha paisaxe moi entrañable cunhas vistas moi atractivas xa que fomos ata o Campín de Ove. Participou xente de todas as idades, variopinta, con máis mulleres que homes, pero moi boa a acollida destes paseos saudables e sociais”. 

O edil de Deportes dixo que “estes paseos son bos ademais de por saúde tamén por interacción social porque a xente vai charlando á vez que vai andando. Faise unha socialización moito máis diversa porque tamén hai persoas de todas as idades. É todo favorable, así que a seguir. A vindeira andaina será este xoves con saída desde a praza de abastos ás 9:45 horas. Recoméndase estar xa por alí ás nove media da mañá para comezar a actividade con puntualidade”.