Onte comezaron as obras de instalación do ascensor da Atalaia, que acomete a Dirección General de Costas coa achega íntegra de 1,4 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que “a parte do que é a súa construcción, que suporá a conexión da Atalaia co paseo marítimo, e de que estamos diante dunha infraestructura de índole bastante turística, hai que destacar o engadido que trae consigo e é que suporá a urbanización dunha zona moi importante de Ribadeo”.
Con estas obras, que segundo manifestou o alcalde “modificarán moi positivamente a aparencia estética desa zona da vila” urbanizarase o Calexón dos Perigos, a rúa Bispo Vérez e o entorno da Atalaia, unha zona que ata o de agora estaba algo esquecida.
O rexedor engadiu que “será normal ver a partir de agora movemento nestas obras xa que segundo Dragados, a empresa que as realiza, en algún momento será necesario cortar algún carril do paseo marítimo. Por este motivo, Suárez pediu desculpas por adiantado aos veciños e veciñas que terán que sufrir as molestias que esta actuación pode traer consigo.