A edil Vanesa Yanes explica que “en Ribadeo seguimos coas colonias de verán, como cada ano por estas datas. Estas actividades realízanse no colexio Gregorio Sanz durante todo o mes de xullo”.

E engade que “cada semana participan 110 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos”.

A concelleira nacionalista conta que “os cativos e cativas participan en viaxes a parques acuáticos, excursións, contacontos, deportes, manualidades, dramatización, deportes de aventura, viaxes en tren, xogos…. Este programa de actividades foi elaborado coa intención de crear un mundo de ilusión e creatividade para que este verán perdure nas súas memorias”.