O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pídelles “aos veciños e visitantes que se acheguen o vindeiro domingo a Santa Cruz a disfrutar da Xira que fagan un uso responsable do entorno, respectando as árbores e depositando o lixo en bolsas e nos contedores que atoparán na zona. E que usen só a área recreativa para colocar os cobertizos correspondentes”.

Cupeiro suliña que “queda prohibido o encendido de barbacoas e o uso de lume por expresa imposición da directiva da comunidade de montes. Tamén lles pedimos a aqueles que poñan cobertizos que fagan o favor de retiralos ao día seguinte para que non aconteza, coma noutros anos, que é o Concello o que ten que ir retiralos”.