Estas xornadas, que acadaron unha gran asistencia, desenvolvéronse nas instalacións da Escola Pedro Murias de Ribadeo, incluíron previamente dúas poñencias, unha de introdución á micoloxía e outra sobre a toxicidade dos cogumelos, e tres saídas a diferentes zonas da comarca mariñana onde aínda existen fragas e piñeirais para aprender a recoller e a recoñecer os cogumelos.

Co financiamento destas actividades, a Axencia de Sostibilidade do Concello de Ribadeo quere achegar á sociedade ribadense a importancia que usos como o recreativo, o sendeirismo ou a micoloxía poden acadar nos nosos montes se imos traballando cara á súa diversificación.