O alcalde amosouse “moi satisfeito pola entrega deste novo vehículo para Protección Civil de Ribadeo, sobre todo polo veciños e veciñas, pola seguridade cidadá e polo voluntariado de Protección Civil, esta xente que de maneira altruísta e voluntaria intenta dar o mellor de si cando hai incidencias ou desgrazas. É boa cousa que teñan instrumentos tamén. O vehículo que tiña o Concello de Ribadeo dende hai aproximadamente catro anos non está dado de alta, deuse de baixa por inservible, por estar totalmente esgotado e este novo ven reforzar todo o sistema de seguridade cidadá que temos que ter nun municipio de máis de 10.000 habitantes”.

Suárez Barcia dixo que “aínda que é certo que preto, en Barreiros, está o Parque Comarcal de Barreiros, moitas veces nas intervencións que se teñen dado en Ribadeo acaban chegando sempre antes os que máis preto están dos problemas. Grazas aos fondos Feder, que nun 80% financian a adquisición deste vehículo, e á Xunta de Galicia por facilitarnos a entrega desde vehículo que está operativo xa dende hoxe”.