<p>O período de pago voluntario do IBI e do IAE en Ribadeo poderá facerse do 17 de setembro ao 19 de novembro nas oficinas de ABanca, Caixabank, BBVA ou Banco Sabadell. Aquelas persoas que, por calquera circunstancia, non reciban ou extravíen o documento de ingreso mencionado, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento. </p>