O edil Farruco Graña contou que “Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, vaise achegar ata Ribadeo o vindeiro luns, 6 de febreiro, para darnos unha charla informativa sobre as cláusulas chan e a maneira de reclamar a súa devolución. Será ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar”.

O concelleiro de Consumo sinalou que “en declaracións aos medios de comunicación, o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, ten recomendado presentar reclamación, sen necesidade de acudir a unha demanda xudicial. Habendo unha fórmula que nos permita recuperar os cartos de forma áxil, sen ter que facer un desembolso económico e sen arriscarnos a perder un procedemento xudicial ou a pagar os custos do proceso, non deberiamos deixar de empregar os mecanismos que a lei nos proporciona”.

Graña anima á xente a acudir a esta charla: “para poder informarse un pouco máis sobre o tema, pódense achegar ata o salón de actos da Casa do Mar o vindeiro luns ás oito da tarde”.