A concelleira Teresa González Piñeira agradece que “nos teñan prestado a EOI de Ribadeo para levar adiante este programa, e sobre todo quero subliñar o traballo realizado polas oito voluntarias que participaron con nós nesta edición. Este ano ao seren máis puidemos ofrecerlles unha atención máis personalizada a cada nen@. Traballaron moi a gusto e moi ben”.

A edil nacionalista explicou que “xa o xoves tivemos un pequeno avance do que foi a clausura definitiva, porque os rapaces acudiron a un obradoiro de Mariñarte, que foi impartido por Ánxela López. @s nen@s recibiron un diploma pola súa asistencia a Construíndo o verán e un pequeno recordo. Onte, venres, rematamos cun percorrido que partiu da Escola Oficial de Idiomas para pasar por Vilaselán, o faro da Illa Pancha e O Cargadoiro. Alí os rapaces aproveitaron para darse un baño e despois xantamos”. González Piñeiroa engadiu que “esta última actividade foi unha sorpresa para eles, porque non sabían en qué ía consistir. O ano pasado collemos o tren e fomos ata Santo Estevo do Ermo, e neste 2014 decidimos pasear e coñecer un pouco máis Ribadeo”.

A concelleira de Servizos Sociais amósase satisfeita da acollida que tivo esta terceira edición de Construíndo o verán.