A dinamizadora sociocultural Susana Álvarez contou que “as treboadas non puideron con nós e este domingo pasado,1 de xullo, cando os relustros viaxaban polo ceo ribadense, e eses trebóns soaban como se tocasen mil tambores, nós Aquí? Coma de 20! , acudiamos á cita, á festa de fin de actividades, tanto os/as usuarios/as das tardes de lecer coma os/as da actividade de momento / Tai Chi”.

E engadiu que “ás cinco da tarde puidemos estar no Cine Teatro e rir co grupo de teatro El Cioyo, de Castropol. O alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras de Servizos Sociosanitarios e Igualdade, Sonia Meilán e Mari Luz Álvarez, clausuraron así as actividades que tiveron lugar este curso nas escolas unitarias e teleclubs das parroquias do concello”.

Entre ese centenar de persoas que acudiron a este acto de clausura estiveron tamén o mestre de Tai Chi, Héctor Peña, e a dinamizadora sociocultural, Susana Álvarez. Despois de estar no Cine Teatro compartiron todos/as un anaco distendido cuns pinchos no restaurante Voar, “ugar no que o tempo nos deixou sacar esta foto tan fermosa”.

Susana Álvarez tivo palabras de agradecemento para os asistentes: “graciñas a todos e todas os que acudistedes á cita e ós/as que non poidéstedes estar con nós, graciñas tamén por todas as vivencias destes meses”.