Esta nova cita, aberta a todos os públicos, consistirá nunha charla no Cine Teatro e unha posterior observación na Praza de España os días 13 e 24 de agosto. O día 13 a charla terá lugar as 21:00 horas e a observación as 22:00 horas, mentres que o 24 de agosto a charla será as 20:30 horas e as 21:30 terá lugar a observación.

Desde o Concello lembran que “por mor do covid o aforo estará limitado a 50 persoas cada día, polo que os interesados deberán de contactar coa Área de Medio Ambiente para apuntarse chamando ao teléfono 982 12 07 01. Ademais, será obrigatorio cumprir coas medidas sanitarias vixentes no momento da actividade”.

Congreso Público. A Astronomía nas Rutas Xacobeas está organizado pola USC, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Turismo de Galicia, Xacobeo 21 e Concello de Ribadeo.