Trátase da película Diamantes negros, dirixida por Miguel Alcantud e ganadora de varios premios. Será no Cine Teatro á 12:00 da mañá e asistirán 207 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do Colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, ademais dos  titores e titoras.

“Tras a súa visualización, o alumnado traballará as Unidades Didácticas correspondentes a cada película”, explica Mónica Fernández Lamparte.