Concello de Ribadeo
Centro de Información á Muller
Centro municipal de carácter permanente e ámbito territorial comarcal, adscrito á Delegación de Promoción Económica e Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero: asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que, de forma individualizada ou colectiva, a soliciten.
Funcións e servizos:
- Asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
- Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
- Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
- Realización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade
- Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
- Calquera outras actividades que se adecúen ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.