As prazas son limitadas e será necesario facer a pre inscrición na propia Aula CeMIT, na Casa da Xuventude, no número de teléfono 982 120 732 ou ben online.

É-Saúde constitúe unha aplicación informática que é a ferramenta do SERGAS para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo como ordenador, móbil ou tableta, e que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.

En É-Saúde o usuario pode atopar o calendario das súas citas médicas, os informes da súa historia clínica electrónica, a información sobre a medicación pasada, actual e futura, a xestión das súas citas e información sobre os seus profesionais, o acceso á información de asociacións de pacientes, a información de farmacias, hospitais e centros de saúde e a xestión de trámites co SERGAS.