O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “se organizou este acto continuando con este ánimo que mantemos toda a Corporación Municipal de cara a informar convenientemente canto máis poidamos facer sobre a exposición do PXOM de Ribadeo. A parte das citas que se están dando a diario para que os veciños veñan consultar todo o que desexan saber aquí na oficina de turismo vella para este luns ás 20 horas temos previsto este acto público no auditorio municipal Hernán Naval”.

O rexedor explicou que “nise acto os responsables de Eptisa, a empresa redactora do PXOM, estarán aquí a disposición dos veciños para aclararlles todas cantas dúbidas se lles poidan preguntar. Tamén estarán os técnicos municipais. Isto é algo que xa se fixo hai catro anos, pero queremos seguir informando para que a xente poida ver qué foi cambiando no PXOM, os informes sectoriais que houbo que incorporar, o que foron as directrices de ordenación do territorio, o plan de ordenación do litoral, en definitiva a modificación da lei do solo de Galicia e unha serie cambios normativos que foi preciso incorporar con todo este ánimo de sacar para adiante dunha vez por todas o plan xeral”.

Suárez Barcia convida “a todos os veciños e veciñas de Ribadeo a que, si o desexan, o luns acudan a este acto público no auditorio Hernán Naval, que facemos desde a Corporación Municipal”.