A actividade desenvolverase de 11:00 a 13:00 horas, mediante vídeo conferencia. As pre inscricións poden facerse na Aula CeMIT-Casa da Xuventude, no número de teléfono 982 120 732. As prazas son limitadas.

É-Saúde é unha aplicación informática que constitúe a ferramenta do Sergas para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil ou tableta) que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados. Nesta plataforma poden atoparse o calendario das citas do doente, o acceso aos informes da súa historia clínica electrónica, a información sobre a súa medicación pasada, actual e futura ou a xestión das súas citas. Tamén inclúe información de asociacións de pacientes, de farmacias, hospitais e centros de saúde, e de xestión de trámites co Sergas.