Desde a Concellaría de Igualdade explican que “o día 7, o vindeiro luns, ás 18:00 horas no Teatro a psicóloga da Asociación Española contra o Cancro de Lugo, Carmen Rubiños, falará do Impacto emocional da diagnose oncolóxica, como xestionala a propia persoa e os seus familiares. Tamén se informará do novo servizo de atención psicolóxica gratuíta a pacientes oncolóxicos e ás familias na Mariña lucense, situado en Burela, que ven de poñer en marcha a AECC”.

A seguinte e última conferencia deste ciclo será o 31 de maio.  As charlas, subliñan desde Igualdade, son abertas a toda a cidadanía.