As bases son as seguintes: 

1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o

tema proposto a continuación:

“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups,

libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de

enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou

mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema:

“Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups,

libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de

enxenio… Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou

mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.

XOGAR + LER = VIVIR

2ª/ Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a
computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lápis. No reverso de

cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e

colexio do autor ou autora.

3ª/ Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.

4ª/ O prazo de presentación rematará o vindeiro 16 de maio, debendo ser entregados na
BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5ª/ O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e
categoría un máximo de tres traballos.

6ª/ O ditame do xurado local farase público despois do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

7ª/ Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame,
convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación

e Universidade da Xunta de Galicia.

8ª/ Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o
dereito de publicación dos mesmos.

9ª/ Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10ª/ A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.