O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, manifesta que “un ano máis a festa das letras tróuxonos as letras e os pinceis creativos da man dos nenos e nenas, mozos e mozas, de Ribadeo. Acábase de fallar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018 na súa fase  local, e os  premiados e as premiadas son os seguintes:”

NARRACIÓN
CATEGORÍA A (ata  8 anos)
“A soldadiño de chumbo”. Rodrigo López García (7 anos) C. Sagrado Corazón
“A casiña de chocolate”. Mateo García Amor (6 anos) C. Sagrado Corazón
“Rapunzel”. Enma Pedreira Bouza (8 anos) CEIP Gregorio Sanz

CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
“O lobo vexetariano”. Jorge Cabana Díaz (11 anos) CEIP Gregorio Sanz
“A avóa feroz”. Juan Rodríguez Cancio (11 anos) C. Sagrado Corazón
“A comilona de Hansel e Gretel”. Marta Fernández Quiñoa (11 anos) C. Sagrado Corazón

CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
“Tomás (A Bela durmiente)”. Marta Ortiz González (14 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
“Xoán con medo”. Irea Bolaño Cotarelo (14 anos) C. Sagrado Corazón
“Unha princesa moi guerreira”. Sara Fernández Cano (15 anos) C. Sagrado Corazón

DEBUXO
CATEGORIA A (ata 8 anos)
Nahir Prelo Álvarez (8 anos) C. Sagrado Corazón
Luca García García (5 anos) CEIP Gregorio Sanz
Nuria Pérez Dopico (5 anos) CEIP Gregorio Sanz

CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
Martín Felipe Hermida (9 anos) C. Sagrado Corazón
Raúl Barcia López (9 anos) C. Sagrado Corazón
Yasmine Dilami Hachmaovi (9 anos) CEIP Gregorio Sanz

CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
Emma Astorga Manzanal (15 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Irene Suárez Sixto (15 anos) IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Claudia García López (12 anos) C. Sagrado Corazón

O edil de Cultura subliñou que “é un orgullo para todas e todos nós que os nosos nenos e nenas, mozos e mozas, se  animen a escribir e a debuxar a súa  faceta  creativa desenvolta en beneficio seu propio para a súa formación como persoas e de toda  a comunidade porque dignificamos  desta maneira as nosas letras  no  mes  da  festa  das letras. E noraboa a  todos  e todas.  A  entrega dos premios terá lugar o día 7 de  xuño ás seis da tarde, na biblioteca municipal El  Viejo Pancho”.