O rexedor contou que “hoxe visitamos o centro de día para analizar qué temos que facer nos vindeiros anos e quixemos analizar tamén toda a actividade que se está a realizar. Comprobamos que se está a facer un traballo perfecto, un bo traballo, por parte das coidadoras e da dirección do centro de día e imos seguir trasladando propostas e impulsando moita actividade”.

Vega explicou que “tamén quixemos coñecer como está realmente o edificio e comprobamos que hai unha vella demanda de investir para conservar ese inmoble. Nestes anos non se fixo nada e o que queremos é reverter esa situación e empezar a investir para conservar e mellorar as instalacións do centro de día, ao que acoden diariamente moitas persoas”. 

O alcalde subliñou que “nos traballaremos para ter uns espazos de coidado a persoas en perfectas condicións. Falamos da residencias, pero tamén do noso centro de día, que precisa dunha inversión para coidar ás persoas que alí acoden e para propoñer moita actividade que se fai nesta instalación e que nos como Concello debemos impulsar. Esa é a obriga do Concello ou de calquera administración”.