Mª Encarnación naceu en Cedofeita, cursou en Lugo os estudos de mestra e impartiu clases en moitos municipios da Mariña. O seu primeiro destino foi San Acisclo, en Foz, ao que despois seguiron outros en Sante (Trabada), San Isidoro do Monte (Xove), Celeiro (Viveiro) e tamén na vila de Ribadeo, onde rematou a súa andaina profesional.
Mª Encarnación Fernández Yáñez recibiu de mans do alcalde unha placa que di “o alcalde e a Corporación Municipal de Ribadeo a dona Mª Encarnación Fernández Yáñez no centenario do seu nacemento. Con todo o noso agarimo”.

Tras a súa xubilación Mª Encarnación Fernández Yáñez viaxou por moitos lugares do mundo, segundo ela mesma lle contou ao alcalde: “ata cheguei a Xerusalén”. A homenaxeada estivo acompañada nesta xornada por parte da súa familia e pola súa coidadora.