Os/as interesados/as en asistir a dito curso para a preparación da proba oficial poden preinscribirse na seguinte dirección de correo electrónico: olribadeo@gmail.com. Os datos que deben incluir son: o nome e os apelidos, DNI, teléfono de contacto e dirección.

Os posibles candidatos a participar neste curso son aquelas persoas que precisen de tal acreditación para acceder ás administracións públicas; persoas que dispoñan da titulación para acceder aos cursos formativos vinculados aos novos certificados de profesionalidade do nivel 2, pero non teñan o galego; e persoas interesadas en xeral. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anima “aos galegos ou non galegos, que precisen deste certificado, a aproveitar esta oportunidade que lles brindará o Concello de Ribadeo”.

Para obter máis información os/as interesados/as poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 128 650 e preguntar polo orientador laboral.