Aquelas persoas que proveñan doutras comunidades autónomas ou doutros países e que non teñan posibilidade de dirixirse ao médico de cabeceira si sofren algún tipo de sintomatoloxía poden dirixirse ao 881 00 20 21, teléfono no que serán atendidos e avaliados, segundo as autoridades sanitarias.

O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada á responsabilidade da veciñanza e dos visitantes “para que empreguen sempre máscara, para que manteñan o distanciamento social e tamén unha importante hixiene das mans. Se non baixamos a garda poderemos facerlle fronte a este virus”.