O responsable de Medio Ambiente explicou que “Antonio Gregorio fixo unha exposición sobre a historia da astronomía e Alfonso Piñeiro deleitóunos cunha extraordinaria exposición sobre o telescopio mediante unha simulación por ordenador e tamén nos explicou o funcionamento deste aparato”.

Hoxe 11 de agosto terá lugar a segunda observación astronómica programada para estes días desde o Concello.